Estou buscando un
novo xogo,
Co que ocupar o
tempo,
Dados, twister...
O parchís!
Pero coma na miña
casa,
Se che comen... cómote...
Con bicos e
caricias
Por cada instante
No que a nosa
mente quedou muda...
Cómote
Por cada instante
morto....
-Que tes?
Que teño?
Teño fame
E mordo cada
segundo o po...
Cres que poderías
amar sen desexar?
Dubida disto
mentres botas os dados...
...
(Recordo cando
me deixei caer,
Cos ollos
pechados,
E ti non
estabas)
...
Vexo a túa cara
de desconcerto,
Sacas un dous,
Quédasme a golpe
de catro.
A miña tirada,
Sorrís...
Catro, estreméceste...
Ti dubidas dos
meus beizos
Estremécenche as miñas palabras rozando o teu lóbulo...
Eu dubido...
Cómote ou entro
na casa?
¡PEQUEÑO! ¡me recuerdas?
ResponderEliminarAndrea, la mocosa, que no se nada de ti, que te echo de menos T^T