Seize the day
miércoles, 20 de junio de 2012
Valhalla
Cando morra quero
Un enterro viquingo.
Prendédeme lume
E botádeme ao mar.
Deixádeme partir a Valhalla
Coas miñas posesións:
A miña guitarra
E o seu sorriso,
Pintado nos meus beizos
Con un último bico.
Daphne
Espertar de madrugada
Pegado ao teu corpo
Que nos sobre cama
Que nos sobre roupa.
Coas luces de neon,
Dun cartel que sentencia:
"
She is so Indie and I'm so Cowboy
"
,
Iluminando con suavidade
O percorrido do meu desexo
Polas túas pernas
Subindo dende os nocellos ao pescozo
Cada intre,
Cada bico,
Convulsiona algo no meu interior.
"
Give me the sunshine with a smile, Daphne
".
Entradas más recientes
Entradas antiguas
Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)