miércoles, 20 de junio de 2012

Daphne


Espertar de madrugada
Pegado ao teu corpo
Que nos sobre cama
Que nos sobre roupa.
Coas luces de neon,
Dun cartel que sentencia:
"She is so Indie and I'm so Cowboy",
Iluminando con suavidade
O percorrido do meu desexo
Polas túas pernas
Subindo dende os nocellos ao pescozo
Cada intre,
Cada bico,
Convulsiona algo no meu interior.
"Give me the sunshine with a smile, Daphne".

No hay comentarios:

Publicar un comentario