Teño un cubículo
dos soños,
Un cubículo onde
por un momento
Todo se volve
real,
Onde por un
momento estas aquí.
Onde podo
saborear os teus beizos,
Estremecerme co
roce da túa pel,
Atopar a calma
nos teus ollos,
Perderme nos teus
lunares
E atoparme no
recorrido
Dos teus dedos nas
miñas costas...
Teño un cubículo
dos soños
Do que te
esvaeces cada mañá,
Vexo como
marchas, cando abro os ollos
No raio de sol
que da na miña ventá.
Teño un cubículo
dos soños
No que por un
momento son quen de todo.
Teño un cubículo
dos soños
No que por un
momento es quen de todo.