Onte fun ao
doutor, non me atopaba ben, tiña frouxeira... Examinoume co aquel este....este….
estetoscopio! E escoitou como unha
axitación na boca do estómago, unha axitación que subía polo esófago, aprisionándome
o peito, causándome taquicardia e poñéndome un nó na gorxa, este nó dificulta o
rego sanguíneo, déixame sen paso de sangue ao cerebro e quedo aparvado, perdo a
capacidade da fala e éntrame frouxeira. Ao final o doutor diagnosticoume un
virus, “Gastritis Lepidóptera” chamoulle... Di que non ten tratamento coñecido,
que o tempo de convalecencia depende da persoa e da evolución, de todos modos
os síntomas dixo que remiten co tempo e poden deixar secuelas ou non.
lunes, 27 de febrero de 2012
viernes, 10 de febrero de 2012
Non son un
bohemio,
Son un farsante,
Un estafador, un
mentireiro.
Son un viaxeiro,
Vivo máis aló do
tempo,
No espazo que
separa as nosas miradas.
Viaxo a través
das túas pupilas,
Coa dilatación do
teu sorriso
Cando te mordes o
beizo inferior,
Con tanta graza.
Viaxo a través de
ti
E vexo as marabillas
dos teus mundos,
Nas meniñas dos
teus ollos.
Mentres permanezo
na túa mirada,
Baixo a choiva,
nunha pinga,
Podes ver como
che tendo a man,
Nunha petición de
baile,
que me leve a
través do túnel,
da túa mirada,
ata a túa luz.
Quero que volva o
para sempre,
Aínda que non exista,
Contigo ou sen
ti, non importa.
Que volvan as
caricias,
Dixitalizadas
Ou reais.
Que volva o son
dos bicos,
Aos meus oídos,
Na miña pel
Ou nos altavoces.
Que volva o doce
primeiro pensamento,
Ás mañás.
Os sorrisos
parvos e as miradas absurdas.
Que volva, que
volva ese intre,
O intre de pechar
os ollos
E deixarme caer
ao baleiro
E que haxa quen
me salve,
Ou quen caia
comigo,
Que volva o
sorrir e atopar
Un doce sorriso
que me namore,
Unha mirada que
me perda.
Déixame descubrir
O que se agocha
no brillo dos teus ollos,
Esa luz que me
cega,
Déixame descubrir
a onde me leva.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)