Quero que volva o
para sempre,
Aínda que non exista,
Contigo ou sen
ti, non importa.
Que volvan as
caricias,
Dixitalizadas
Ou reais.
Que volva o son
dos bicos,
Aos meus oídos,
Na miña pel
Ou nos altavoces.
Que volva o doce
primeiro pensamento,
Ás mañás.
Os sorrisos
parvos e as miradas absurdas.
Que volva, que
volva ese intre,
O intre de pechar
os ollos
E deixarme caer
ao baleiro
E que haxa quen
me salve,
Ou quen caia
comigo,
Que volva o
sorrir e atopar
Un doce sorriso
que me namore,
Unha mirada que
me perda.
Déixame descubrir
O que se agocha
no brillo dos teus ollos,
Esa luz que me
cega,
Déixame descubrir
a onde me leva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario