viernes, 10 de febrero de 2012


Non son un bohemio,
Son un farsante,
Un estafador, un mentireiro.
Son un viaxeiro,
Vivo máis aló do tempo,
No espazo que separa as nosas miradas.
Viaxo a través das túas pupilas,
Coa dilatación do teu sorriso
Cando te mordes o beizo inferior,
Con tanta graza.
Viaxo a través de ti
E vexo as marabillas dos teus mundos,
Nas meniñas dos teus ollos.
Mentres permanezo na túa mirada,
Baixo a choiva, nunha pinga,
Podes ver como che tendo a man,
Nunha petición de baile,
que me leve a través do túnel,
da túa mirada,
ata a túa luz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario