jueves, 31 de mayo de 2012

Insomnio


As horas pasan en vela, insomne...
Sei,
Que se pecho os ollos non os vou querer volver abrir,
A realidade xa non me aporta nada,
No noso mundo de soños,
Gastado en tantas noites de saudade estou mellor.
Busco a forma de dar con un coma inducido,
Saír de aquí,
Non quero seguir aquí.
Neste pozo negro,
No que afogo nas bagoas que derramei,
Tódolas noites dende entón.
Un pozo,
No que a man que me suxeitaba esvara cada vez máis.
Prefiro revivir nas noites o que morreu,
Crear zombies dos nosos recordos.
Sentir como me devoran as entrañas.
A anestesia do tequila xa non funciona.
Fai tempo oin falar dunha fada,
Que leva a dor lonxe durante unhas horas,
Da mesma cor ca este teu príncipe gastado,
Roto,
Defectuoso...
Din que o alcol non é a solución,
Pero de todos é sabido que o wishky mata os patóxenos,
E axuda a cicatrizar as feridas.
Mentres, ti navegas nun mar de tópicos,
Costumes e vidas predeseñadas, (do que loitabas por escapar)
Eu tan só quero un coma inducido
E ofrecerche a excepción,
Castelos no aire que se veñen abaixo porque non cres nas fadas.

martes, 1 de mayo de 2012

Ludopatía


Nesta vida non me tocou sorte,
nin boa man.
Pero aposto coma se tal
Pola mera posibilidade de escaleira.
Ata perder o aire,
Ata a vida...
(ALL IN)

Nun suspiro,
Nun chiscar de ollos muda todo:
(TEXAS HOLD'EM)
Borralla...

A miña débeda na túa úlcera.
Xenreira...
Secciona a miña pel cun coitelo,
faino lentamente...

Cando o vermello regueiro
torne NERO OCÉANO
amarra a soga das túas xemas
ao redor do meu pescozo.
Suaves, doces, coma derradeiras caricias...
Non podo saldar a débeda
e consúmome lentamente,
nas túas mans.

Afogo en sangue entre os teus brazos.
Penetra na miña carne e mete o dedo na ferida.
O máis doce sufrimento...
Apreciado desprezo...
Todo remata...
E falsamente, os teus dedos
rozan o meu pescozo con amor.

(Por un momento soñei que saia o As,
pero a man gañouna un trío de raíñas.)