As horas pasan en
vela, insomne...
Sei,
Que se pecho os
ollos non os vou querer volver abrir,
A realidade xa
non me aporta nada,
No noso mundo de soños,
Gastado en tantas
noites de saudade estou mellor.
Busco a forma de
dar con un coma inducido,
Saír de aquí,
Non quero seguir
aquí.
Neste pozo negro,
No que afogo nas
bagoas que derramei,
Tódolas noites
dende entón.
Un pozo,
No que a man que
me suxeitaba esvara cada vez máis.
Prefiro revivir
nas noites o que morreu,
Crear zombies dos
nosos recordos.
Sentir como me devoran
as entrañas.
A anestesia do
tequila xa non funciona.
Fai tempo oin
falar dunha fada,
Que leva a dor
lonxe durante unhas horas,
Da mesma cor ca
este teu príncipe gastado,
Roto,
Defectuoso...
Din que o alcol
non é a solución,
Pero de todos é sabido
que o wishky mata os patóxenos,
E axuda a
cicatrizar as feridas.
Mentres, ti
navegas nun mar de tópicos,
Costumes e vidas
predeseñadas, (do que loitabas por escapar)
Eu tan só quero
un coma inducido
E ofrecerche a
excepción,
Castelos no aire
que se veñen abaixo porque non cres nas fadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario