Hai días nos que
te odio.
Hai días nos que
te amo,
a maioría deles.
Aínda que non cho
digo
Hai días nos que
quero picarte
Hai días nos que
morro por bicarte.
Aínda que soe a
rima cutre.
Hai días,
Juliette,
nos que bebería o
veleno sen pensar.
Hai días,
Juliette,
nos que recitaría
Shakespeare baixo a túa fiestra.
E hai días,
Juliette,
nos que
simplemente observaría a túa beleza dende a distancia,
pra non estragar
o plano perfecto da túa imaxe,
zoom aos teus
ollos,
plano detalle da
túa mirada.
Morro tras o teu
chisco,
como disparo
preciso dunha magnum.
Un bico e
recupero o meu pouco sentido.
Podería soñar
cada noite os teus beizos,
pero prefiro
sentilos na miña pel.
Podería
describirte en tódolos meus poemas,
Pero xamais
deixar que os leas.
Podería cantarte
en tódalas mías cancións
E tocarte en cada
nota da miña música,
Pero endexamais
saberás do que falo.