Volvome insensible
xa non sinto o frío
Nos meus pulmóns,
encharcados pola nicotina.
Parlasía.
Que non pare.
Mambo.
Deixarme levar.
Non pensar,
non recordar.
Non recordarte,
Non verte.
Estas ao meu carón
pero estou cego.
Suede,
Blur,
Oasis,
A compañía.
SO.
Soidade,
Saudade,
Recordos.
E ser o home de negro,
Unha vez máis.
Ferirme
Pra sentir algo
Facerme dano
Dentro, que doe máis.
Eu so.
Suicida,
Masoquista
Ao pensarche
Ao lerte.
Que me escribas coma eu che escribo
Descríbote coma o meu pesadelo heterocromático.
Fasme ver a vida a cores cando eres gris.
Gris como o xeo.
Frio
E volver a ser insensible.
Un clavo de nove pulgadas no peito.
Martelo.
Pum
Pum
Pum..
unha e outra vez,
no meu peito.
Que me fires,
que me matas,
Lentamente.
Eres a nicotina,
Ata parece que o fas con cariño.
sábado, 27 de diciembre de 2014
miércoles, 10 de diciembre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)