miércoles, 16 de noviembre de 2016

Enterrar a miña cabeza no teu calor
Lentamente,
Abrirme paso a mordiscos
Ata o teu desexo,
Mentres cas miñas mans
Descifro os enigmas do teu corpo.
Entrelazados os nosos beizos,
As nosas mans,
Unha entrecortada respiración.
Nun instante convulso
Poseerte,
Facerte miña e que voes libre.
Mentres a vida abandona un instante os nosos corpos.

sábado, 27 de diciembre de 2014

Volvome insensible
xa non sinto o frío
Nos meus pulmóns,
encharcados pola nicotina.
Parlasía.
Que non pare.
Mambo.
Deixarme levar.
Non pensar,
non recordar.
Non recordarte,
Non verte.
Estas ao meu carón
pero estou cego.
Suede,
Blur,
Oasis,
A compañía.
SO.
Soidade,
Saudade,
Recordos.
E ser o home de negro,
Unha vez máis.
Ferirme
Pra sentir algo
Facerme dano
Dentro, que doe máis.
Eu so.
Suicida,
Masoquista
Ao pensarche
Ao lerte.
Que me escribas coma eu che escribo
Descríbote coma o meu pesadelo heterocromático.
Fasme ver a vida a cores cando eres gris.
Gris como o xeo.
Frio
E volver a ser insensible.
Un clavo de nove pulgadas no peito.
Martelo.
Pum
Pum
Pum..
unha e outra vez,
no meu peito.
Que me fires,
que me matas,
Lentamente.
Eres a nicotina,
Ata parece que o fas con cariño.

domingo, 7 de diciembre de 2014

jueves, 27 de noviembre de 2014

Son eso que che queda cando non queres vivir máis.
Son ese burato no peito que che afoga.
Son o valor para ser un cobarde.
Son ese no na gorxa que so se quita con outro no.
Son a soga colgando dun arbol de bonaval.

viernes, 14 de marzo de 2014

Son coma esas luces solitarias,
que salpican a cidade a intempestuosas horas da madrugada.
Preguntome que atormenta as insomnes mentes
que se esconden tras esa luz.
 Luz que calma ese aluvión de preguntas sen resposta
que cruzan as súas mentes.
As veces sinto que me volvo tolo,
que perdo o pouco senso que me queda,
paseando as 4 da mañá,
observando as solitarias luces acesas que salpican a cidade.
Vexoas mentres camiño so
baixo as miñas propias luces,
en certo modo solitarias,
das farolas da rúa,
buscando as miñas propias respostas,
buscando a paz de forma que me permita seguir atado á vida...
Mentres penso isto rebusco as chaves no meu peto,
espero ao ascensor mentres me dou conta que estou pensando de máis,
deixo as chaves no pequeno moble do recibidor
e acendo outra solitaria luz que salpica as ventás da cidade.

miércoles, 24 de julio de 2013

Hai días

Hai días nos que te odio.
Hai días nos que te amo,
a maioría deles.
Aínda que non cho digo
Hai días nos que quero picarte
Hai días nos que morro por bicarte.
Aínda que soe a rima cutre.
Hai días, Juliette,
nos que bebería o veleno sen pensar.
Hai días, Juliette,
nos que recitaría Shakespeare baixo a túa fiestra.
E hai días, Juliette,
nos que simplemente observaría a túa beleza dende a distancia,
pra non estragar o plano perfecto da túa imaxe,
zoom aos teus ollos,
plano detalle da túa mirada.
Morro tras o teu chisco,
como disparo preciso dunha magnum.
Un bico e recupero o meu pouco sentido.
Podería soñar cada noite os teus beizos,
pero prefiro sentilos na miña pel.
Podería describirte en tódolos meus poemas,
Pero xamais deixar que os leas.
Podería cantarte en tódalas mías cancións
E tocarte en cada nota da miña música,

Pero endexamais saberás do que falo.

lunes, 13 de mayo de 2013

Crazy Little Things


E onte invadironme outra vez medos esquecidos,
Medos que non deberían volver ata aquí,
Medo a volverte perder, esta vez pra sempre.

"Non a quites nin a perdas,
gustame que teñas unha parte de min"
O pouco que conservo de ti,
tan efimero,
material.
É inevitable,
chegará,
e entón, cando perda ese pequeno anaco de ti,
esa última luz da miña esperanza,
doída,
rota,
cando perda o único que teño no mundo
o teu único recordo,
perderei a pouca cordura que me queda.

sábado, 4 de mayo de 2013

sábado, 16 de febrero de 2013

So long My little dARlI(A)N(NE)g...


Cada vez escribo menos.
Non sei se é que xa non sinto
Ou que non teño nada novo que contar.
Vai moito que non lle falo,
Non me sinto mal por elo,
Creo que por fin podo mirar cara diante.
Aos poucos vou recuperando quen son,
A esencia do rapaz da mirada pícara e o sorriso perpetuo.
De novo comezan brotar pequenas bolboretas,
Que terei que exterminar co Napalm.
Farei que chova lingoas de lume,
Que pousen na miña pel,
E así aforrar sufrimentos innecesarios .
Matarei as bolboretas,
E a cervexa e o licor do negro café
Perpetuaran o meu sorriso.
Porque xa non te preciso, amor, aínda que este mentindo.
A solución aos meus quebracabezas reside nos seus ollos de madeira e escuro acibeche.