sábado, 16 de febrero de 2013

So long My little dARlI(A)N(NE)g...


Cada vez escribo menos.
Non sei se é que xa non sinto
Ou que non teño nada novo que contar.
Vai moito que non lle falo,
Non me sinto mal por elo,
Creo que por fin podo mirar cara diante.
Aos poucos vou recuperando quen son,
A esencia do rapaz da mirada pícara e o sorriso perpetuo.
De novo comezan brotar pequenas bolboretas,
Que terei que exterminar co Napalm.
Farei que chova lingoas de lume,
Que pousen na miña pel,
E así aforrar sufrimentos innecesarios .
Matarei as bolboretas,
E a cervexa e o licor do negro café
Perpetuaran o meu sorriso.
Porque xa non te preciso, amor, aínda que este mentindo.
A solución aos meus quebracabezas reside nos seus ollos de madeira e escuro acibeche.