sábado, 27 de diciembre de 2014

Volvome insensible
xa non sinto o frío
Nos meus pulmóns,
encharcados pola nicotina.
Parlasía.
Que non pare.
Mambo.
Deixarme levar.
Non pensar,
non recordar.
Non recordarte,
Non verte.
Estas ao meu carón
pero estou cego.
Suede,
Blur,
Oasis,
A compañía.
SO.
Soidade,
Saudade,
Recordos.
E ser o home de negro,
Unha vez máis.
Ferirme
Pra sentir algo
Facerme dano
Dentro, que doe máis.
Eu so.
Suicida,
Masoquista
Ao pensarche
Ao lerte.
Que me escribas coma eu che escribo
Descríbote coma o meu pesadelo heterocromático.
Fasme ver a vida a cores cando eres gris.
Gris como o xeo.
Frio
E volver a ser insensible.
Un clavo de nove pulgadas no peito.
Martelo.
Pum
Pum
Pum..
unha e outra vez,
no meu peito.
Que me fires,
que me matas,
Lentamente.
Eres a nicotina,
Ata parece que o fas con cariño.

domingo, 7 de diciembre de 2014

jueves, 27 de noviembre de 2014

Son eso que che queda cando non queres vivir máis.
Son ese burato no peito que che afoga.
Son o valor para ser un cobarde.
Son ese no na gorxa que so se quita con outro no.
Son a soga colgando dun arbol de bonaval.

viernes, 14 de marzo de 2014

Son coma esas luces solitarias,
que salpican a cidade a intempestuosas horas da madrugada.
Preguntome que atormenta as insomnes mentes
que se esconden tras esa luz.
 Luz que calma ese aluvión de preguntas sen resposta
que cruzan as súas mentes.
As veces sinto que me volvo tolo,
que perdo o pouco senso que me queda,
paseando as 4 da mañá,
observando as solitarias luces acesas que salpican a cidade.
Vexoas mentres camiño so
baixo as miñas propias luces,
en certo modo solitarias,
das farolas da rúa,
buscando as miñas propias respostas,
buscando a paz de forma que me permita seguir atado á vida...
Mentres penso isto rebusco as chaves no meu peto,
espero ao ascensor mentres me dou conta que estou pensando de máis,
deixo as chaves no pequeno moble do recibidor
e acendo outra solitaria luz que salpica as ventás da cidade.