miércoles, 18 de abril de 2012


O son do tic-tac do reloxo intensificado
no silencio absoluto da miña cárcere

ralentízase...

ra

len


za

se

Desespero por abandonar a miña prisión corpórea
e caio de novo no meu pensamento suicida...
dubidante coma o CH3 enriba dunha ponte...
ao final empurrado por un recordo cae...

cae

borracho,
emporrado...

no estrondo dunha noite de sábado...

síntese libre ao fin,
voa polo meu senso demente
co coñecemento da morte lenta,
anestesiada na droga branda.

Liberdade que se esvaece
coa arcada que o devolve a realidade,
ao silencio da miña cárcere,
ao lento tic-tac intensificado…

ENFERMEIRA MÁIS MORFINA.

viernes, 6 de abril de 2012

Xogos


Estou buscando un novo xogo,
Co que ocupar o tempo,
Dados, twister...
O parchís!
Pero coma na miña casa,
Se che comen... cómote...
Con bicos e caricias
Por cada instante
No que a nosa mente quedou muda...
Cómote
Por cada instante morto....
-Que tes?
Que teño?
Teño fame
E mordo cada segundo o po...
Cres que poderías amar sen desexar?
Dubida disto mentres botas os dados...
...
(Recordo cando me deixei caer,
Cos ollos pechados,
E ti non estabas)
...
Vexo a túa cara de desconcerto,
Sacas un dous,
Quédasme a golpe de catro.
A miña tirada,
Sorrís...
Catro, estreméceste...
Ti dubidas dos meus beizos
Estremécenche as miñas palabras rozando o teu lóbulo...
Eu dubido...
Cómote ou entro na casa?