O son do tic-tac
do reloxo intensificado
no silencio
absoluto da miña cárcere
ralentízase...
ra
len
tí
za
se
Desespero por
abandonar a miña prisión corpórea
e caio de novo no
meu pensamento suicida...
dubidante coma o
CH3 enriba dunha ponte...
ao final
empurrado por un recordo cae...
cae
borracho,
emporrado...
no estrondo dunha
noite de sábado...
síntese libre ao
fin,
voa polo meu
senso demente
co coñecemento da
morte lenta,
anestesiada na
droga branda.
Liberdade que se
esvaece
coa arcada que o
devolve a realidade,
ao silencio da
miña cárcere,
ao lento tic-tac
intensificado…
ENFERMEIRA MÁIS
MORFINA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario