viernes, 6 de abril de 2012

Xogos


Estou buscando un novo xogo,
Co que ocupar o tempo,
Dados, twister...
O parchís!
Pero coma na miña casa,
Se che comen... cómote...
Con bicos e caricias
Por cada instante
No que a nosa mente quedou muda...
Cómote
Por cada instante morto....
-Que tes?
Que teño?
Teño fame
E mordo cada segundo o po...
Cres que poderías amar sen desexar?
Dubida disto mentres botas os dados...
...
(Recordo cando me deixei caer,
Cos ollos pechados,
E ti non estabas)
...
Vexo a túa cara de desconcerto,
Sacas un dous,
Quédasme a golpe de catro.
A miña tirada,
Sorrís...
Catro, estreméceste...
Ti dubidas dos meus beizos
Estremécenche as miñas palabras rozando o teu lóbulo...
Eu dubido...
Cómote ou entro na casa?

1 comentario:

  1. ¡PEQUEÑO! ¡me recuerdas?
    Andrea, la mocosa, que no se nada de ti, que te echo de menos T^T

    ResponderEliminar