viernes, 23 de marzo de 2012


Teño un cubículo dos soños,
Un cubículo onde por un momento
Todo se volve real,
Onde por un momento estas aquí.

Onde podo saborear os teus beizos,
Estremecerme co roce da túa pel,
Atopar a calma nos teus ollos,
Perderme nos teus lunares
E atoparme no recorrido
Dos teus dedos nas miñas costas...

Teño un cubículo dos soños
Do que te esvaeces cada mañá,
Vexo como marchas, cando abro os ollos
No raio de sol que da na miña ventá.

Teño un cubículo dos soños
No que por un momento son quen de todo.
Teño un cubículo dos soños
No que por un momento es quen de todo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario