lunes, 13 de mayo de 2013

Crazy Little Things


E onte invadironme outra vez medos esquecidos,
Medos que non deberían volver ata aquí,
Medo a volverte perder, esta vez pra sempre.

"Non a quites nin a perdas,
gustame que teñas unha parte de min"
O pouco que conservo de ti,
tan efimero,
material.
É inevitable,
chegará,
e entón, cando perda ese pequeno anaco de ti,
esa última luz da miña esperanza,
doída,
rota,
cando perda o único que teño no mundo
o teu único recordo,
perderei a pouca cordura que me queda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario