lunes, 27 de febrero de 2012

Enfermidades raras


Onte fun ao doutor, non me atopaba ben, tiña frouxeira... Examinoume co aquel este....este…. estetoscopio! E  escoitou como unha axitación na boca do estómago, unha axitación que subía polo esófago, aprisionándome o peito, causándome taquicardia e poñéndome un nó na gorxa, este nó dificulta o rego sanguíneo, déixame sen paso de sangue ao cerebro e quedo aparvado, perdo a capacidade da fala e éntrame frouxeira. Ao final o doutor diagnosticoume un virus, “Gastritis Lepidóptera” chamoulle... Di que non ten tratamento coñecido, que o tempo de convalecencia depende da persoa e da evolución, de todos modos os síntomas dixo que remiten co tempo e poden deixar secuelas ou non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario