A túa pequena
Suburbia esta en ruínas
As pequenas e
doces bonecas que vivían nela marcharon fai moito tempo
Deixáronche só e
mentres ti as buscabas polos pequenos recunchos do teu mundo
elas máis lonxe
se atopaban de ti, non recordas?
recorda, recorda
como lles arrincabas a cabeza e cortabas o seu pelo co coitelo
queimabas as súas
extremidades de plástico, odiabas o cheiro, pero adorabas o lume
e ese calor que desprendían
que xamais puideches sentir doutra forma no teu frío corpo.
Non o recordas,
estabas histérico, psicótico, os teus ollos irradiaban loucura...
xa non era esa
chispa que sempre tiveches na mirada, perdiches a cabeza...
e fixécheslla
perder a elas, agochadas nun caixón aínda gardadas as probas, tolo...
Onde están? A
onde foron? Que pasou cos recordos? o tempo de xogo? os bonecos non volverán...
comprendes?
comprendes, e
ferido destrozas, tiras ovos contra as paredes, pintura, gasolina...
lume... gústache
o calor que desprende, ese calor que
xamais sentirias de outra forma...
Arde... arden os
recordos... odias todo, odias ao mundo odias ás persoas, odias aos pequenos
bonecos...
odias a túa
pequena Suburbia... a túa pequena Suburbia que por fin comprendeches esta sola,
derruida...
A túa pequena
Suburbia esta en ruínas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario