viernes, 9 de diciembre de 2011

Esquizofrenia


Preciso escribir algo
Pero non sei,
que escribo?
escribir por escribir?
non sei como escribir
que expresar, que sinto?
escribir o que sinto
nin sequera sei eu o que sinto
como me sinto?
afogado, escuro,
só, baleiro...
confuso, confundido
que sinto? por quen?
Por que? Por que cona?
Aggh...
Vaia merda, non quero
ou si, si quero,
ou non quero querer pero quero
ou quero querer e non quero
non, outra vez non, ou si,
ti, ela, ti, ela, ela, ela,
ti, por que ti? outra vez non,
outra vez si, si, non merda!
siiii! plaff...
outra vez...
doce, salgado
doce, amargo
doce, ácedo
ácedo, salgado
amargo, picante
amargo, amargo
amarga, sempre
de campión a segundón
segundón? si
o segundo pola cola...
o último parvo...
a última vez, última vez?
apenas será das primeiras
outra vez...
pum pum... quen é?
pum pum... quen cona é?
...
vaite a merda, esta baleiro
e non hai sitio, non quero inquilinos
ou si, quizá nun tempo
ou agora se ti quixeras,
quizá non son tan de pedra coma pensaba...
quizá quizá... posibilidades...
nada claro... así é a miña vida...
un eterno quizá... un quero e non podo
un nós sen ti, un eterno eu...
por que onde estas?
fai moito que te perdín...
perdinche antes de coñecerte amor...
nunca é nunca...
e sempre nunca é sempre.
Sen ti pode ser contigo
non, sen ti e sen ti
e contigo pode ser sen ti
Só...
para que mentirnos?
non son fillo, non son neto, non son irmán
non son, que son? quen son? para quen?
impórtoche? quizá...
o eterno quizá...
pecha os ollos e baila comigo baixo a choiva...
lento... xuntos...
o frío entra nos ósos...
as gotas empapan a roupa, o pelo,
escorregan pola nosa pel...
aniñan no alma...
pecha os ollos, escoita, que soa?
oes a música de fondo?
oes o teu corazón, a túa respiración?
como o teu bafo se condensa preto dos meus beizos?
o meu corazón non late, eu non respiro,
estou morto...
pero rapaza... baila comigo baixo a choiva...
non digas nada, solo baila... pecha os ollos.
levaba toda unha vida esperándote...
espero, espero por ti...
desespero... morro...
cada día un pouco máis
impaciente...
non corras...
con calma...
bótoche de menos e nunca che tiven...
ou boto de menos certas cousas que podería ter sen ti?
non sei, solo sei que penso e gustaríame recuperalas...
non, non quero, vaia merda...
outra vez pensando parvadas Tom?
que che fodan! pero que che fodan a fondo!
que che dean polo cu! Farto! ostia!
vai durmir! Cala a boca!
Non me tóquelo carallo porque a temos!
papaostias! anormal! monstro!
Sangría... mellor cortar polo san...
frío... baleiro... duro...
adeus... calor... éncheme...
ui que porno! sempre pensando no mesmo...
un pouco de seriedade que intento aclararme a cabeza!
silencio! calade todos! Tom vai dicir algo!
quizá... quizá... quérote.

No hay comentarios:

Publicar un comentario