Hoxe volvín soñar, tras moito tempo, e soñei contigo. Soñei cos meus beizos recorrendo a túa pel: o teu pescozo, os teus ombros, as túas doces meixelas de rapaza mona.
Non precisaba máis ca iso, máis ca terte preto de min, con unha man rodeando a túa cintura e os dedos da outra entrelazados cos teus nun rogo de queda aquí, non abras os ollos e espertes. Mentras ti ca outra man que che queda libre debuxas garabatos co meu pelo.
E non preciso máis ca un sorriso teu os teus ollos para caer nun estado de dependencia máxima, pechar os ollos e deixar que os meus beizos falen sobre a túa pel.
Todo se volve monocromo, gris cromado, detense o tempo, e torna todo verde, desaparece o mundo ao redor, entón todo se volve amarelo e a luz inunda a miña visión e esperto entendendo que outra vez solo foi un soño como soamente poderá ser.
E non sei que demo fago escribindo isto....
No hay comentarios:
Publicar un comentario