martes, 30 de agosto de 2011
Escribir
Teño que escribir, non teño gana pero teño que facelo, teño que facelo para min, por min. Non nos engañemos, non é por min, é por ti, para ti, non, para ti non, para ela, pero en todo caso non é nin por min nin para min, é por ti e para ela. E malditas as perras ganas que teño... non sei que escribir, xamais escribin por min, ou para min, sempre era para ti, como todo o que sale de min, é irónico cando me tachabas de egocentrista cando vivo é desvivome por ti. Egocentrista? Non, máis ben lauracentrista, porque ti eres o meu centro, por moi lonxe que podas estar agora mesmo ou por moito que deixase de existir na tua vida. Non sei que escribir, só balbuceo cousas sen sentido, pero xa sabes, a sen sentidiño non me gana ninguén, o que o mercores non se tiña de pé e choraba por ti a grito pelado con máis alcohol que sangue no corpo, vomitei todo, solo para así poder seguir bebendo, non, bebendo non, vivindo, pero non é por min, nunca é por min.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario